NOVO XOGO PARA ESCORNABOT

 


O alumnado de 3ºA de Ed. Primaria estivo xogando cun novo xogo creado polo Equipo de Biblioteca para o Día da Muller e relacionado co noso proxecto. No taboleiro dos escornabots hai 12 mulleres coñecidas polas súas investigacións do mundo animal. Nas tarxetas hai información sobre elas que teñen que ler en voz alta e programar o escornabot ata a fotografía da muller correspondente. Aos acertantes se lles fai entrega dun logo do proxecto como premio. Se queres xogar o podes pedir na nosa biblioteca.
Preme na imaxe para ver a Galería de fotos.
Enlace ao material do xogo. 

QUE QUEREMOS SABER EN 1º?

 O alumnado de 1º Educación Primaria mostran as súas inquedanzas sobre as vacas, en especial, as vacas cachenas, animal autóctono de Galicia que van investigar a fondo neste curso. 



EXPOSICIÓN ANIMAIS NOS DEPORTES

 O alumnado de 4º Primaria elaborou diferentes murais despois de investigar sobre os deportes que existen no mundo no que participan diferentes animais. Para esta fase de investigación buscaron na internet e nas fontes de información dispoñibles na biblioteca. Compartiron os seus traballos na clase de Educación Física onde xurdiron diferentes debates e expuseron os seus traballos na entrada á biblioteca.

Galería de fotos



MATES CO XOGO XIGANTE DA OCA

 O alumnado de 5º Infantil emprega o xogo xigante da Oca para iniciarse no coñecemento dos números xogando, a mellor maneira de aprender.




ARTS ANIMALS EN LINGUA INGLESA

 O alumnado de 1º, 2º e 3º na área de Arts debuxaron animais coa axuda das súas mans. Para elo, primeiro investigaron na rede, logo exploraron coas mans a creación de novos animais e xogaron en inglés a adiviñar de que animal se trataba. A continuación elixiron os seus desexos. Segundo era o desexo ás veces precisábase a axuda dos compañeiros e compañeiras. Velaquí os resultados.







POEMAS DE "A LO BESTIA" POLO DÍA DA POESÍA

 

O alumnado de 4º Primaria escolleu dous poemas do libro de Mar Benegas "A lo bestia" para recitar na radio polo Día da Poesía. Prepararon o recital na área de Lingua Castelá e logo de memorizalos foron en grupos de 4 a gravar os versos no estudio de radio. Podes escoitalos na nosa canle de RADIO V.I. no programa POESÍA:

Niño babosa

Ánimoladas

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN DE 3º ED. PRIMARIA: MULLERES CIENTÍFICAS ESPECIALISTAS NA INVESTIGACIÓN DE ANIMAIS


 O alumnado de 3º B de Educación Primaria elaborou un documento coa aplicación CANVA sobre Mulleres Científicas, especialistas na investigación de animais. 

Primeiro buscaron información nos libros do expositor que o Equipo de Biblioteca fixo polo Día Internacional da nena e a muller na Ciencia (11 de Febreiro). Tamén investigaron na internet para completar o seu traballo final e coas tablets elaboraron por equipos el documento. Cada equipo investigou unha muller diferente:  Angeles Alvariño, Jane Goodall, Phoebe Snetsinger e Dian Fossey.

Preme no seguinte enlace para ver a tarefa final:


https://drive.google.com/file/d/1EloZ36XTvC5XWKN3xSDH89TEIbUPZouA/view?usp=sharing