Amosando publicacións coa etiqueta Animais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Animais. Amosar todas as publicacións

CONCIENCIA SILÁBICA CON IMAXES DE ANIMAIS en AL

 A mestra de Audición e Linguaxe segue traballando a conciencia silábica e fonolóxica,  articulando e ampliando vocabulario con imaxes de animais. Sen dúbida a mellor maneira de aprender é xogando.




XOGANDO COAS CARTAS DE ANIMAIS en 3º Primaria

 O alumnado de 3ºB Primaria está a empregar para o proxecto uns xogos de cartas onde aprenden unha chea de datos sobre os animais. Desta vez, capturamos esta imaxe nun deses momentos no que están xogando cos pesos dos animais. Por quendas van sacando as cartas e o neno/a que teña o peso do animal máis alto é o gañador. A imaxinación para inventar novas modalidades de xogo é infinita.


Xogos de cartas dispoñibles na biblioteca




CREACIÓN DE CÓMICS EN AL

 A especialista de Audición e Linguaxe animou a un dos seus alumnos a elaborar un cómic onde os protagonistas son animais, traballando deste xeito a expresión oral, escrita e a creatividade inventando os diálogos.




MARCAPÁXINAS- ANIMAIS DE ORIGAMI

 


O alumnado de 3º e 4º realizaron marcapáxinas con forma de animais polo Día do libro na área de Educación Artística. Preme na imaxe para ver algúns modelos.

ARTS ANIMALS EN LINGUA INGLESA

 O alumnado de 1º, 2º e 3º na área de Arts debuxaron animais coa axuda das súas mans. Para elo, primeiro investigaron na rede, logo exploraron coas mans a creación de novos animais e xogaron en inglés a adiviñar de que animal se trataba. A continuación elixiron os seus desexos. Segundo era o desexo ás veces precisábase a axuda dos compañeiros e compañeiras. Velaquí os resultados.







ENTROIDO DE ANIMALARDIA

 Presentamos o vídeo do Entroido celebrado neste curso 2021-2022 no noso colexio. A temática dos disfraces están relacionados con este proxecto e temos que dar as grazas ás familias de Educación Infantil que disfrazaron aos seus peques de "animais de conto". Esperamos que disfrutedes do desfile que fixemos no patio, os bailes e as comparsas. 

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO ^

ÁLBUM DE FOTOS ^





OS ANIMAIS NA POESÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Os axudantes de biblioteca de 5º Ed. Primaria estiveron seleccionando poemas de Rosalía nos que apareceran animais. Prepararon o expositor na entrada á biblioteca e decoraron o mural de entrada cos poemas escollidos.

Galería de fotos

En Educación Infantil escolleron o moucho que aparece nun dos poemas de Rosalía para recitalo e ilustralo.

E tamén fixeron os seus antefaces de mouchos.




LETRAS E ANIMAIS EN 4º INFANTIL

 O alumnado de 4º Infantil comezou a coñecer as letras empregando as figuriñas de animais que teñen na clase e asociando cada animal coa letra inicial do seu nome.




DOBBLE DE ANIMAIS EN 5º INFANTIL

 E que non podemos parar de xogar e aprender. Desta vez os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil estiveron xogando ao Dobble de animais



O Equipo de Biblioteca fixo un album dos xogos de mesa que serven para traballar os contidos deste proxecto. Preme aquí para acceder e non dubides en pedilos para xogar nos tempos de lecer. Tamén podedes levalos en préstamo para xogar máis tempo na aula.

ANIMAIS DE LEGO NO TEMPO DE LECER

 


Primeiros intentos na construcción de animais coas pezas Lego durante o tempo de lecer co alumnado de 1º Primaria. Seguiremos intentándoo... porque o tempo do recreo pasa voando cando se pasa ben.

ANIMAIS DA PAZ

 


Todo o alumnado de Infantil e Primaria participou na elaboración deste mural polo Día da Paz e a non violencia. Para iso o Equipo de Biblioteca pediulle a cada nivel que decoraran animais que simbolizan a paz : pombas (Infantil), vaca (1º e 2º), dragón (3º e 4º) e a grúa (5º e 6º). Os axudantes de biblioteca estiveron investigando sobre estes animais e a súa relación coa paz e o plasmaron nos pergaminos que fixeron para o mural. Ademais de decorar os debuxos dos animais, algúns cursos atrevéronse a facer origami e construiron grúas de papel de varios tamaños. 

Preme na imaxe para ver todo o proceso de elaboración.

APRENDO AS CORES DOS ANIMAIS EN AL

 A mestra de Audición e Linguaxe preparou este xogo para os seus alumnos co que aprenden as cores relacionadas cun animal grazas as imaxes e aos pictogramas.




CREACIÓN DE XOGO DE ADIVIÑAS PARA ESCORNABOT

 O alumnado de 4º Primaria elaborou tarxetas con adiviñas na área de lingua castelán e despois fixeron debuxos para crear a plantilla para xogar co escornabot. O xogo xa está dispoñible para todo o centro no espazo creativo da nosa biblioteca.

Nos perdas a oportunidade de xogar e pídeo nos tempos de lecer.




NOVOS FONDOS BIBLIOGRÁFICOS EN LINGUA INGLESA

 


Mercamos unha colección de libros en lingua inglesa para as vosas investigación do Proxecto. En breve chegarán as vosas biblioteca de aula.

ANIMAIS DE CABAZA POLO SAMAÍN

 Como todos os anos a implicación das familias nas actividades do centro e deste proxecto favorece o seu crecemento. Este ano o Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias, encargados destas festividades, propuxeron ás familias que nos enviaran imaxes das cabazas que realizaron cos seus fillos e fillas na casa decoradas en relación ao proxecto. Preme na imaxe para ver todo o álbum de fotos.

Fixéchedes unhas cabazas espectaculares! Moitas grazas familias!

EDUCACIÓN INFANTIL APRENDE XOGANDO

 


Os alumnos e alumnas de Educación Infantil están aprendendo unha chea de cousas sobre os animais. Na sala de Informática estiveron manexando o rato e o teclado dos ordenadores para escoitar os sons dos diferentes animais que aparecen no xogo EL BUHO BOO. Tamén poden ver vídeos e incluso crear música. Encántalles este xogo!