OS ANIMAIS NA POESÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Os axudantes de biblioteca de 5º Ed. Primaria estiveron seleccionando poemas de Rosalía nos que apareceran animais. Prepararon o expositor na entrada á biblioteca e decoraron o mural de entrada cos poemas escollidos.

Galería de fotos

En Educación Infantil escolleron o moucho que aparece nun dos poemas de Rosalía para recitalo e ilustralo.

E tamén fixeron os seus antefaces de mouchos.




LETRAS E ANIMAIS EN 4º INFANTIL

 O alumnado de 4º Infantil comezou a coñecer as letras empregando as figuriñas de animais que teñen na clase e asociando cada animal coa letra inicial do seu nome.




DOBBLE DE ANIMAIS EN 5º INFANTIL

 E que non podemos parar de xogar e aprender. Desta vez os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil estiveron xogando ao Dobble de animais



O Equipo de Biblioteca fixo un album dos xogos de mesa que serven para traballar os contidos deste proxecto. Preme aquí para acceder e non dubides en pedilos para xogar nos tempos de lecer. Tamén podedes levalos en préstamo para xogar máis tempo na aula.

ANIMAIS DE LEGO NO TEMPO DE LECER

 


Primeiros intentos na construcción de animais coas pezas Lego durante o tempo de lecer co alumnado de 1º Primaria. Seguiremos intentándoo... porque o tempo do recreo pasa voando cando se pasa ben.

XA SOMOS EXPERTOS EN CLASIFICAR OS ANIMAIS EN 4º INFANTIL


 En 4º de Ed. Infantil xa son uns expertos clasificando os animais. Teñen plumas, teñen pelo, teñen patas, teñen peteiro...? Menuda colección de mamíferos atoparon entre tanta fotografía!

LÓXICA MATEMÁTICA CO ABN EN 6ºB INFANTIL

 


O alumnado de 6ºB de Educación Infantil traballou a lóxica matemática co método ABN partindo do conto A casa da Mosca Chosca. Trátase de asociar a cantidade que ten cada personaxe no seu plato cos cubertos correspondentes. As culleres teñen puntiños, os garfos números e os coitelos sumas. Preme na imaxe para ver a Galería de fotos.

CREACIÓN DE ANIMAIS TANGRAM EN 6º PRIMARIA

 

Galería de fotos


O alumnado de 6º A realizou figuras xeométricas de Tamgram integrando a temática do Proxecto AnimalArdia na área de Educación Artística.

Presentación da actividade