Amosando publicacións coa etiqueta Presentacións de traballos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Presentacións de traballos. Amosar todas as publicacións

EXPOSICIÓN ANIMAIS NOS DEPORTES

 O alumnado de 4º Primaria elaborou diferentes murais despois de investigar sobre os deportes que existen no mundo no que participan diferentes animais. Para esta fase de investigación buscaron na internet e nas fontes de información dispoñibles na biblioteca. Compartiron os seus traballos na clase de Educación Física onde xurdiron diferentes debates e expuseron os seus traballos na entrada á biblioteca.

Galería de fotos



CREACIÓN DE ANUNCIOS

 O alumnado de 4º de Educación Primaria estivo creando anuncios relacionados cos animais. Primeiro investigaron os elementos que teñen que ter os anuncios na área de Lingua Castelán, despois en grupos reducidos pensaron e diseñaron a temática e o eslogan do seu anuncio. Elaboraron ilustracións e completaron o anuncio coa información pertinente. Finalmente presentaron aos compañeiros de clase os seus anuncios, a maioría deles sobre protectoras de animais e actividades en favor do coidado dos animais.