MÁIS XOGOS PARA APRENDER en PT

A mestra de Pedagogía Terapeútica envíanos estas fotos co seu alumnado co xogo "Los Animales" de Montessori, un dos moitos recursos que mercamos este curso para o proxecto. Con esta actividade o alumno adquire novo vocabulario relacionado cos animais, profundiza no coñecemento relativo á clasificación zoolóxica, adquire información relativa ó hábitat natural de cada un e mellora a competencia de recoñecemento de letras de distintas palabras.





A NATUREZA NO CAMIÑO DE SANTIAGO

 Cando os mestres de 1º e 2º de Primaria escolleron dentro do Proxecto a temática dos animais autóctonos non dubidamos en mercar este xogo de "memory" para o seu proxecto dende o Equipo de Biblioteca. Hoxe nos mandan unhas fotos do éxito do xogo nos tempos de lecer.




CONCIENCIA SILÁBICA CON IMAXES DE ANIMAIS en AL

 A mestra de Audición e Linguaxe segue traballando a conciencia silábica e fonolóxica,  articulando e ampliando vocabulario con imaxes de animais. Sen dúbida a mellor maneira de aprender é xogando.




TERRITORIO GALEGO É A TEMÁTICA DE 1º E 2º

 


Dende a galiña de Mos ata a vaca cachena entre outros animais autóctonos podemos atopar no "Territorio Galego" dos nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria. Preme na imaxe para ver a súa exposición na entrada a súas aulas.

MURAIS DE 6ºB ED. INFANTIL

 Na entrada ás aulas de 6ºB de Educación Infantil podemos ver unha exposición de murais de diferentes animais. Preme na imaxe para ver a galería de fotos.



3º de Primaria no "Acuario"

 


O alumnado de 3º A e 3º B nas áreas de Lingua Inglesa e Ed. Artística traballaron os animais mariños. Primeiro leron sobre os animais e aprenderon a comparalos. Logo, elaboraron descripcións e xogaron ás adiviñas. De seguido, elexiron os animaiss e fixeron trípticos nos que incluíron un mapa mental coas características, un debuxo e unha descripción.
Por último, simularon unha visita ao acuario e fixeron un diálogo conxunto que gravaron na radio para  "English Programe". Este é o resultado. Preme na imaxe para acceder ao audio.

Galería de fotos



XOGO DA OCA EN AL

 

Na aula da especialista de Audición e Linguaxe, tamén empregan o xogo da oca de sinfones ao mesmo tempo que se traballa o vocabulario e a articulación.

DEBATE NA RADIO

 


O alumnado de 5ºA debaten na radio escolar sobre o uso dos animais nas investigación científicas. Primeiro investigaron na área de Valores sobre que animais se usan para experimentos e isto levounos a un longo debate para finalmente catro representantes do grupo, dous a favor da investigación científica con animais e outros dos en contra. Podedes escoitar o audio na nosa canle de RADIO V.I.

TAREFA FINAL DE 3º A

 


O alumnado de 3º A rematou a súa investigación sobre os animais de costa e crearon unhas maquetas de difentes ecosistemas de costa en pequenos grupos para rematar  cunha exposición oral no patio semicuberto para as súas familias que acudiron en canto foron invitadas. 

Podedes ver todo o proceso de investigación no seguinte documento.



2ª FASE DO PDI: INVESTIGANDO EN 4º PRIMARIA

 


O alumnado de 4º Ed. Primaria xa rematou a súa fase de investigación do proxecto de animais domésticos e mascotas. Pronto veremos a súa tarefa final. Neste galería de fotos aparecen algúns dos momentos de traballo de investigación en pequenos equipos e o inicio das tarefas de creación. Preme na imaxe para vela.

ACUARIO CORREDOR DE 5º E 6º PRIMARIA

 O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria ambientaron o corredor de acceso as súas aulas cun acuario xigante realizado con material de refugallo. Podemos atopar cigalas, polbos, caramuxos, medusas... unha chea de bichiños mariños.

Preme na imaxe para visitar o "Acuario"



CONTO DOS TRES PORQUIÑOS EN AL

 



Na clase da especialista de Audición e Linguaxe empregan o conto manipulativo dos Tres Porquiños para traballar a memoria, a atención, a expresión oral e as praxias do soplo para mellorar a articulación cunha metodoloxía activa e amena para o alumnado.

ANIMAIS EUROPEOS E ESCORNABOTS EN 1º PRIMARIA

 


Hoxe na clase de Ciencias Naturais os alumnos e alumnas de 1º de Primaria xogaron cos escornabots, aprenderon unha chea de nomes de animais europeos e disfrutaron dunha auténtica sesión de Biblioteca Creativa. Puideron consultar algúns dos animais que viven no noso continente no ATLAS de Animales Actuales e xogar coas tarxetas de animais elaboradas polo Equipo de Biblioteca polo Día de Europa.







SAÍDA DE 3º e 4º Ed. Primaria

 


Os mestres dos niveis de 3º e 4º organizaron unha saída para os seus cursos á illa de A Toxa, onde todos recibiron clases de marisqueo dirixidas por Óscar e Silvia, mariscadores profesionais. Poideron atopar moitas ameixas e berberechos. Ademáis como estaba por alí a Policía Local, tiveron a sorte de poder ver o interior do coche de Policía. Preme na imaxe para ver a Galería de fotos.

XOGANDO COAS CARTAS DE ANIMAIS en 3º Primaria

 O alumnado de 3ºB Primaria está a empregar para o proxecto uns xogos de cartas onde aprenden unha chea de datos sobre os animais. Desta vez, capturamos esta imaxe nun deses momentos no que están xogando cos pesos dos animais. Por quendas van sacando as cartas e o neno/a que teña o peso do animal máis alto é o gañador. A imaxinación para inventar novas modalidades de xogo é infinita.


Xogos de cartas dispoñibles na biblioteca




CREACIÓN DE CÓMICS EN AL

 A especialista de Audición e Linguaxe animou a un dos seus alumnos a elaborar un cómic onde os protagonistas son animais, traballando deste xeito a expresión oral, escrita e a creatividade inventando os diálogos.




QUEN QUERE AO LOBO FEROZ?- ESCENA 3

 


A CASA DAS ABELLAS en 4º INFANTIL

 

O alumnado de 3 anos, despois da súa visita a Apípolis, segue a investigar e coñecendo a casa das abellas. Hoxe tocou debuxalas dunha forma moi sinxela e orixinal.

VISITA Á APíPOLIS EDUCACIÓN INFANTIL

 


O alumnado de Educación Infantil visitou Apípolis, a cidade das abellas. Neste centro fixeron unha chea de actividades relacionadas coas abellas e o mel. Se premes na imaxe poderás ver algunhas fotos realizadas polas mestras que lles acompañaron.

MARCAPÁXINAS- ANIMAIS DE ORIGAMI

 


O alumnado de 3º e 4º realizaron marcapáxinas con forma de animais polo Día do libro na área de Educación Artística. Preme na imaxe para ver algúns modelos.