DOMÉSTICO OU SALVAXE?

 No grupo de 3 anos andan a clasificar as miniaturas de animais que teñen na aula. Que ben o pasan e canto aprenden!



ECOSISTEMA EN PLASTILINA!

 O alumnado de 3º A- Primaria investigaron sobre os animais da costa e realizaron un ecosistema do mesmo en plastilina.



QUE SABEMOS, QUE QUEREMOS SABER EN 5ºB- PRIMARIA

 


O grupo de 5ºB elaborou este mural coas preguntas que formularon nas primeiras asambleas da súa investigación sobre os animais dos océnaos? Darán coas respostas a todas as súas preguntas na fase de investigación? Logo o saberemos.

QUE SABEMOS, QUE QUEREMOS SABER EN 6ºA -INFANTIL

 Na aula de 6º A de Educación Infantil fixeron unha votación para escoller un conto con animais como protagonistas. O conto escollido da nosa biblioteca foi: Hasta que podamos abrazarnos. Así que aquí tedes o resultado das asambleas para averiguar que sabemos e que queremos saber do ourizo e a tartaruga. No segundo trimestre comezará a fase de investigación.





OBRADOIRO DE POESÍA CREATIVA EN 5º PRIMARIA

O alumnado de 5º B de Educación Primaria realizou un poemario entre todos sobre animais mariños na área de Lingua Galega. Aquí temos o resultado para disfrutar lendo os seus poemas.

Premer na portada para ver o documento