ANIMAIS DA PAZ

 


Todo o alumnado de Infantil e Primaria participou na elaboración deste mural polo Día da Paz e a non violencia. Para iso o Equipo de Biblioteca pediulle a cada nivel que decoraran animais que simbolizan a paz : pombas (Infantil), vaca (1º e 2º), dragón (3º e 4º) e a grúa (5º e 6º). Os axudantes de biblioteca estiveron investigando sobre estes animais e a súa relación coa paz e o plasmaron nos pergaminos que fixeron para o mural. Ademais de decorar os debuxos dos animais, algúns cursos atrevéronse a facer origami e construiron grúas de papel de varios tamaños. 

Preme na imaxe para ver todo o proceso de elaboración.

ANIMAIS DO INVERNO PARA INVESTIGAR EN 4º INFANTIL

 O alumnado de 3 anos á volta das vacacións de Nadal e comezado o inverno, continuaron a súa investigación do lobo, neste caso o lobo polar e outros animais de frío e os lugares nos que viven.

Fixeron puzzles e crebacabezas destes animais e as súas pegadas, xogaron con xogos de mesa de asociar animais e leron unha chea de contos de pingüíns. 

Logo de buscar na rede animais polares, viron vídeos e colocaron cada animal nun mapa do mundo no lugar correspondente.

Tamén fixeron xogos co Bee-Bot en busca de animais polares e para rematar descubriron a bóla do mundo iluminada, que algúns nunca viran na súa vida, para atopar e localizar nel o habitat destes animais.

Preme na imaxe para ver a Galería de fotos


LECTOESCRITURA NOMES DE ANIMAIS EN 5º INFANTIL

 O alumnado de 4 anos estivo formando palabras de nomes de animais con material manipulativo. Primeiro se lles entregou as tarxetas das sílabas coa imaxe do animal de forma desordeada e as foron colocando segundo o número de sílabas. Logo escribiron algunhas palabras completas nos folios de cores.

Preme na imaxe para ver a galería de fotos


Tamén escribiron os seus nomes con letras de madeira asociadas á inicial do nome dun animal. 





IMITACIÓN DE ANIMAIS EN EDUCACIÓN FÍSICA

 Dentro da programación de Educación Física o alumnado realizou diferentes tipos de desprazamentos imitando a distintos animais: Cabalos (skipping), Bolboretas (Círculos de brazos), Canguros (salto a pés xuntos), Rá (saltando dende cuclillas), Caranguexos (Desprazamentos laterais), Gatos (Gateo), Serpes (Arratre), Chimpacés (trepa nas espaldeiras e no rocódromo)... 

Preme a imaxe para ver todos os desprazamentos.



QUE SABEMOS, QUE QUEREMOS SABER EN 3º PRIMARIA

 O alumnado de 3º Primaria tamén fixo as súas asambleas de inicio de proxecto e plasmaron as súas inquedanzas en cartolinas para logo pasar a fase de investigación. 


Preme na imaxe para descubrir toda a información seleccionada

QUE SABEMOS, QUE QUEREMOS SABER EN 4º PRIMARIA

 O alumnado de 4º analizou que cousas sabían dos animais domésticos e das mascotas, temática escollida por este grupo, e realizaron as preguntas que lles gustaría investigar.













MOITOS LOGOS PARA O PDI, CAL SERÁ O ESCOLLIDO?

 

Galería de fotos premendo na imaxe

O alumnado de Infantil e Primaria participou no certame de debuxo do Logo do Proxecto con moito esforzo e entusiasmo. Todos queren que o seu Logo sexa o escollido, pero realmente nolo puxeron moi difícil aos mestres, que agora temos de deliberar cal será o que represente o noso proxecto de AnimalArdia. En breve, publicaremos o gañador.