QUEN QUERE AO LOBO FEROZ? ESCENA 2

 O clube de teatro de 6º grava, edita e publica a escena 2 da obra "Quen quere ao lobo feroz?"

Preme na imaxe para ver o enlace 

CONTOS CON PICTOS EN AL

 A mestra de AL empregou nestes días algúns dos materiais que mercamos coa partida de Biblioteca Inclusiva: destacar dentro do Proxecto Animalardia os contos de "La ratita presumida" e "A que sabe a Lúa" (ambos da editorial Kalandraka- BATA)

 
No conto de "La ratita presumida" se empregaron as fichas de pictos previamente para que adiviñar o título do conto que ían ler. Despois de lelo, ordenaron os pictos seguindo as escenas do conto


 


O conto "A que sabe a Lúa?" resultou unha actividade manipulativa, na que despois da lectura os nenos colocaron os animais por orde segundo a historia e para rematar pintaron a Lúa en poliespan.

4º INFANTIL INVESTIGA OS INSECTOS

 



Na clase de 3 anos comezaron a investigar o mundo dos insectos. Proximamente farán a visita a APÍPOLIS e por iso comezaron esta semana co conto de La abeja Teresa e logo de escoitar o conto debuxaron cada un a súa particular abella.  Tamén quedaron abraiados co libro dos Bichos Asquerosos que levaron prestado da biblioteca: un libro con moitos bichos e unha lupa para velos mellor.

O CARNAVAL DOS ANIMAIS EN ED. INFANTIL

Nas clases de Educación Musical en Ed. Infantil estivemos a traballar, seguindo o proxecto do cole “Animalardia”, cunha das audicións do coñecido compositor Camille Saint-Saëns, “O carnaval dos animais”, concretamente coa obra “O canguro” a través da cal traballamos unha das cualidades do son: a duración.

Primeiramente realizamos unha audición inicial, axudados dun musicograma e logo imaxinámonos que nos convertiamos en canguros, dando saltiños cando escoitamos sons curtos e pasos longos cando escoitabamos sons longos.

Trala escoita, identificamos os sons curtos co son que producen as claves, e os sons longos co son que produce o triángulo.

Así completamos a seguinte ficha pintando o canguro dependendo se escoitabamos os saltiños (claves) ou os pasos longos e pesados dun canguro cansado (triángulo) de azul ou verde, respectivamente. Cos nenos e nenas de 3 anos fixémolo colocando unha pegatina azul ou verde.

 A continuacion podedes ver algunha fotos do proceso e do resultado:

Galería de fotos

Pasámolo moi ben e aprendemos moito!


AS NOSAS MASCOTAS EN 5 ANOS

 

 
O alumnado de 5 anos presenta as súas mascotas neste enorme mural que colocaron na entrada a súa aula. Preme na imaxe para vela mellor. Como sempre agradecer ás familias a súa colaboración.

QUEN QUERE AO LOBO FEROZ? ESCENA 1

 


Os voluntarios de biblioteca de 6º de Primaria gravaron o seu primeiro acto da obra de teatro Quen quere ao Lobo Feroz?. Eles mesmos fan todo o proceso: ensaios, elaboración de marionetas, gravacións e edición final. Preme na imaxe para ver a primeira escena da obra.

NOVO XOGO PARA ESCORNABOT

 


O alumnado de 3ºA de Ed. Primaria estivo xogando cun novo xogo creado polo Equipo de Biblioteca para o Día da Muller e relacionado co noso proxecto. No taboleiro dos escornabots hai 12 mulleres coñecidas polas súas investigacións do mundo animal. Nas tarxetas hai información sobre elas que teñen que ler en voz alta e programar o escornabot ata a fotografía da muller correspondente. Aos acertantes se lles fai entrega dun logo do proxecto como premio. Se queres xogar o podes pedir na nosa biblioteca.
Preme na imaxe para ver a Galería de fotos.
Enlace ao material do xogo.