A mestra de Pedagogía Terapeútica envíanos estas fotos co seu alumnado co xogo "Los Animales" de Montessori, un dos moitos recursos que mercamos este curso para o proxecto. Con esta actividade o alumno adquire novo vocabulario relacionado cos animais, profundiza no coñecemento relativo á clasificación zoolóxica, adquire información relativa ó hábitat natural de cada un e mellora a competencia de recoñecemento de letras de distintas palabras.
A NATUREZA NO CAMIÑO DE SANTIAGO
Cando os mestres de 1º e 2º de Primaria escolleron dentro do Proxecto a temática dos animais autóctonos non dubidamos en mercar este xogo de "memory" para o seu proxecto dende o Equipo de Biblioteca. Hoxe nos mandan unhas fotos do éxito do xogo nos tempos de lecer.
XOGANDO COAS CARTAS DE ANIMAIS en 3º Primaria
O alumnado de 3ºB Primaria está a empregar para o proxecto uns xogos de cartas onde aprenden unha chea de datos sobre os animais. Desta vez, capturamos esta imaxe nun deses momentos no que están xogando cos pesos dos animais. Por quendas van sacando as cartas e o neno/a que teña o peso do animal máis alto é o gañador. A imaxinación para inventar novas modalidades de xogo é infinita.
MATES CO XOGO XIGANTE DA OCA
O alumnado de 5º Infantil emprega o xogo xigante da Oca para iniciarse no coñecemento dos números xogando, a mellor maneira de aprender.
INVESTIGAR É UN XOGO
O alumnado de 3ºA estivo investigando sobre os animais invertebrados na biblioteca. Buscaron pola biblioteca códigos QR agochados nos sofás, nos expositores... e despois de atopalos foron escaneando cada pista ata atopar a información que precisaban. Logo terán que respostar a algunhas preguntas...







