O alumnado de 1º Educación Primaria mostran as súas inquedanzas sobre as vacas, en especial, as vacas cachenas, animal autóctono de Galicia que van investigar a fondo neste curso.
QUE SABEMOS, QUE QUEREMOS SABER EN 3º PRIMARIA
O alumnado de 3º Primaria tamén fixo as súas asambleas de inicio de proxecto e plasmaron as súas inquedanzas en cartolinas para logo pasar a fase de investigación.
QUE SABEMOS, QUE QUEREMOS SABER EN 4º PRIMARIA
O alumnado de 4º analizou que cousas sabían dos animais domésticos e das mascotas, temática escollida por este grupo, e realizaron as preguntas que lles gustaría investigar.
QUE SABEMOS, QUE QUEREMOS SABER EN 5ºB- PRIMARIA
QUE SABEMOS, QUE QUEREMOS SABER EN 6ºA -INFANTIL
Na aula de 6º A de Educación Infantil fixeron unha votación para escoller un conto con animais como protagonistas. O conto escollido da nosa biblioteca foi: Hasta que podamos abrazarnos. Así que aquí tedes o resultado das asambleas para averiguar que sabemos e que queremos saber do ourizo e a tartaruga. No segundo trimestre comezará a fase de investigación.
QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER? EN 4º INFANTIL
Os máis pequerrechos do cole están preocupados porque non atopan ao lobo por ningures así comezan a súa participación en ANIMALARDIA na procura del.
