Amosando publicacións coa etiqueta Radio na biblio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Radio na biblio. Amosar todas as publicacións

5º ED. INFANTIL ESTREA ESTUDIO DE RADIO

Preme na imaxe para ver Galería de fotos

O alumnado de 5º de Educación Infantil estreou o novo estudio de radio. Gravaron un programa de adiviñas de insectos para o PDI AnimalArdia no Programa de POESÍA de RADIO V.I. Podes deixar as respostas no apartado de comentarios.

 

POESÍA CREATIVA- 5º PRIMARIA

 

Galería de fotos

O alumnado de 5ºA gravou na radio novos episodios para o Programa de Poesía de RADIO V.I. 
Crearon coa web de diseño Canva poemas sobre os animais dos oceános que están a investigar, uns en galego e outros en castelán. Non deixedes de escoitalos na nosa canle. Preme aquí para acceder ao audio.

 
Preme na imaxe para ver o documento

3º de Primaria no "Acuario"

 


O alumnado de 3º A e 3º B nas áreas de Lingua Inglesa e Ed. Artística traballaron os animais mariños. Primeiro leron sobre os animais e aprenderon a comparalos. Logo, elaboraron descripcións e xogaron ás adiviñas. De seguido, elexiron os animaiss e fixeron trípticos nos que incluíron un mapa mental coas características, un debuxo e unha descripción.
Por último, simularon unha visita ao acuario e fixeron un diálogo conxunto que gravaron na radio para  "English Programe". Este é o resultado. Preme na imaxe para acceder ao audio.

Galería de fotos



DEBATE NA RADIO

 


O alumnado de 5ºA debaten na radio escolar sobre o uso dos animais nas investigación científicas. Primeiro investigaron na área de Valores sobre que animais se usan para experimentos e isto levounos a un longo debate para finalmente catro representantes do grupo, dous a favor da investigación científica con animais e outros dos en contra. Podedes escoitar o audio na nosa canle de RADIO V.I.

POEMAS DE "A LO BESTIA" POLO DÍA DA POESÍA

 

O alumnado de 4º Primaria escolleu dous poemas do libro de Mar Benegas "A lo bestia" para recitar na radio polo Día da Poesía. Prepararon o recital na área de Lingua Castelá e logo de memorizalos foron en grupos de 4 a gravar os versos no estudio de radio. Podes escoitalos na nosa canle de RADIO V.I. no programa POESÍA:

Niño babosa

Ánimoladas