PRESÉNTANOS A TÚA MASCOTA

 Polo Día das Bibliotecas, dúas axudantas de 6º de Primaria presentaron á Comunidade Educativa os recunchos actuais da nosa biblioteca e a temática deste proxecto animando ás familias a participar nunha primeira actividade: "Preséntanos a túa mascota"

A actividade consiste en que as familias envíen ao noso correo electrónico (biblio@vinclan.com) unha foto das mascotas ou animais domésticos que teñan nas casas, que nolas presenten e nos expliquen os principais coidados que precisan.

Coas fotos que recibamos, o equipo de axudantes de 6º elaborará un libro dixital que publicaremos neste blog. Xa empezamos a recibir as primeiras fotos e esperamos recibir moitas máis. Grazas familias!



PDI AnimalArdia. Comezamos!

 

A finais do curso pasado realizamos enquisas ao noso alumnado para saber as súas inquedanzas e que lles gustaría investigar no curso 2021-2022. Con maioría aplastante o tema máis escollido foi o de os animais, así naceu ANIMALARDIA, un proxecto para indagar, seleccionar a información, e sobre todo crear os nosos propios documentais de animais. Dentro deste gran proxecto fixemos un pequeno reparto de temas para comezar a 1ª fase do proxecto: 

Que sabemos e que queremos saber?
Educación Infantil: Animais de conto
1º e 2º de Primaria: Animais autóctonos de Galicia
3º Primaria: Animais da costa 
4º Primaria: Animais domésticos e da granxa
5º e 6º Primaria: Animais dos oceános