Presentamos o vídeo do Entroido celebrado neste curso 2021-2022 no noso colexio. A temática dos disfraces están relacionados con este proxecto e temos que dar as grazas ás familias de Educación Infantil que disfrazaron aos seus peques de "animais de conto". Esperamos que disfrutedes do desfile que fixemos no patio, os bailes e as comparsas.
PRESENTACIÓN DO LOGO DE ANIMALARDIA
Tras moito debatir no Equipo de Biblioteca, decidimos escoller dous debuxos dos participantes no Certame para crear un único logo combinando ambas creacións: o debuxo do caracol elaborado por Maruxa de 2º de Educación Primaria e as letras deseñadas polo alumno Miguel de 6ºA de Educación Primaria.
Moitas grazas a todos e todas por participar. Aquí vos deixamos o resultado final do Logo:
ANIMAIS DA PAZ
MOITOS LOGOS PARA O PDI, CAL SERÁ O ESCOLLIDO?
ANIMAIS DE CABAZA POLO SAMAÍN
Como todos os anos a implicación das familias nas actividades do centro e deste proxecto favorece o seu crecemento. Este ano o Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias, encargados destas festividades, propuxeron ás familias que nos enviaran imaxes das cabazas que realizaron cos seus fillos e fillas na casa decoradas en relación ao proxecto. Preme na imaxe para ver todo o álbum de fotos.
Fixéchedes unhas cabazas espectaculares! Moitas grazas familias!
DESEÑA O LOGO DO PROXECTO
O Equipo de biblioteca convoca un novo certame de debuxo. Esta vez o reto é a elaboración dun logo para este proxecto na que anima a todo o alumnado a participar.
PRESÉNTANOS A TÚA MASCOTA
Polo Día das Bibliotecas, dúas axudantas de 6º de Primaria presentaron á Comunidade Educativa os recunchos actuais da nosa biblioteca e a temática deste proxecto animando ás familias a participar nunha primeira actividade: "Preséntanos a túa mascota"
A actividade consiste en que as familias envíen ao noso correo electrónico (biblio@vinclan.com) unha foto das mascotas ou animais domésticos que teñan nas casas, que nolas presenten e nos expliquen os principais coidados que precisan.
Coas fotos que recibamos, o equipo de axudantes de 6º elaborará un libro dixital que publicaremos neste blog. Xa empezamos a recibir as primeiras fotos e esperamos recibir moitas máis. Grazas familias!