Na aula da especialista de Audición e Linguaxe, tamén empregan o xogo da oca de sinfones ao mesmo tempo que se traballa o vocabulario e a articulación.
O alumnado de 3ºB Primaria está a empregar para o proxecto uns xogos de cartas onde aprenden unha chea de datos sobre os animais. Desta vez, capturamos esta imaxe nun deses momentos no que están xogando cos pesos dos animais. Por quendas van sacando as cartas e o neno/a que teña o peso do animal máis alto é o gañador. A imaxinación para inventar novas modalidades de xogo é infinita.
E que non podemos parar de xogar e aprender. Desta vez os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil estiveron xogando ao Dobble de animais.