QUEN QUERE AO LOBO FEROZ? ESCENA 2
O clube de teatro de 6º grava, edita e publica a escena 2 da obra "Quen quere ao lobo feroz?"
Preme na imaxe para ver o enlace
QUEN QUERE AO LOBO FEROZ? ESCENA 1
OS ANIMAIS NA POESÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Os axudantes de biblioteca de 5º Ed. Primaria estiveron seleccionando poemas de Rosalía nos que apareceran animais. Prepararon o expositor na entrada á biblioteca e decoraron o mural de entrada cos poemas escollidos.
QUEN VIVE AQUÍ?
O alumnado axudante de biblioteca fixo este mural con solapas polo Samaín. Nela atoparás animais que se consideran terroríficos, aínda que non o son tanto como poden parecer...
Abrindo a porta e as xanelas descubrirás quen vive nesta casa encantada e aprenderás os seus nomes en castelán, galego e inglés.
Quen é o valente ou a valente que se atreve a descubrilo?
Pódela atopar aínda na parede da saída ao patio principal.



