O alumnado de 4º Infantil comezou a coñecer as letras empregando as figuriñas de animais que teñen na clase e asociando cada animal coa letra inicial do seu nome.
XA SOMOS EXPERTOS EN CLASIFICAR OS ANIMAIS EN 4º INFANTIL
En 4º de Ed. Infantil xa son uns expertos clasificando os animais. Teñen plumas, teñen pelo, teñen patas, teñen peteiro...? Menuda colección de mamíferos atoparon entre tanta fotografía!
TAREFA FINAL 4º INFANTIL
QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER? EN 4º INFANTIL
Os máis pequerrechos do cole están preocupados porque non atopan ao lobo por ningures así comezan a súa participación en ANIMALARDIA na procura del.
A CASA DAS ABELLAS en 4º INFANTIL
O alumnado de 3 anos, despois da súa visita a Apípolis, segue a investigar e coñecendo a casa das abellas. Hoxe tocou debuxalas dunha forma moi sinxela e orixinal.
4º INFANTIL INVESTIGA OS INSECTOS
ANIMAIS DO INVERNO PARA INVESTIGAR EN 4º INFANTIL
O alumnado de 3 anos á volta das vacacións de Nadal e comezado o inverno, continuaron a súa investigación do lobo, neste caso o lobo polar e outros animais de frío e os lugares nos que viven.
Fixeron puzzles e crebacabezas destes animais e as súas pegadas, xogaron con xogos de mesa de asociar animais e leron unha chea de contos de pingüíns.
Logo de buscar na rede animais polares, viron vídeos e colocaron cada animal nun mapa do mundo no lugar correspondente.
Tamén fixeron xogos co Bee-Bot en busca de animais polares e para rematar descubriron a bóla do mundo iluminada, que algúns nunca viran na súa vida, para atopar e localizar nel o habitat destes animais.
ANIMAIS DA PAZ
PDI AnimalArdia. Comezamos!
A finais do curso pasado realizamos enquisas ao noso alumnado para saber as súas inquedanzas e que lles gustaría investigar no curso 2021-2022. Con maioría aplastante o tema máis escollido foi o de os animais, así naceu ANIMALARDIA, un proxecto para indagar, seleccionar a información, e sobre todo crear os nosos propios documentais de animais. Dentro deste gran proxecto fixemos un pequeno reparto de temas para comezar a 1ª fase do proxecto:
CONTACONTOS "LAS DIEZ GALLINAS"







