TAREFA FINAL- LAPBOOKS EN 6ºA- INFANTIL

 


O alumnado de 6ºA de Ed. Infantil creou lapbooks sobre o ourizo e a tartaruga do conto "Hasta que podamos abrazarnos". Preme na imaxe para ver os lapbooks con máis detalles.

Agracer coma sempre a colaboración das familias que aportaron previamente á tarefa final estupendos traballos e información sobre estes animais que os propios nenos e nenas expoñeron na clase aos seus compañeiros/as.


Preme na imaxe para ver os traballos de investigación

5º ED. INFANTIL ESTREA ESTUDIO DE RADIO

Preme na imaxe para ver Galería de fotos

O alumnado de 5º de Educación Infantil estreou o novo estudio de radio. Gravaron un programa de adiviñas de insectos para o PDI AnimalArdia no Programa de POESÍA de RADIO V.I. Podes deixar as respostas no apartado de comentarios.

 

TAREFA FINAL DE 6º A- OS ANIMAIS DO OCEÁNO

 O alumnado de 6º A de Educación Primaria elaborou como tarefa final da súa investigación un documental "Stop Motion" (técnica de animación fotograma a fotograma) sobre os animais do oceáno e ademáis ampliaron aquel primeiro dossier que fixeron na primeira fase "Que queremos saber?" documentando as seguintes fases do proceso (investigación e creación).

Aquí vos deixamos o enlace ao documental e ao dossier. Seguro que descubriredes moitos coñecementos novos grazas a estes rapaces e rapazas. 






TAREFA FINAL 3ºB E 4º ED. PRIMARIA

 


As clases de 3º B e 4º de Ed. Primaria estiveron investigando sobre os animais de costa e os animais domésticos. Fixeron varias actividades para coñecer mellor este tipo de animais: noticias, entrevistas, slogans e tamén crearon animais con Legos e follas. Con todas as actividades elaboraron unha revista sobre os animais a que titularon ANIMALARDIA, como o proxecto. Preme na imaxe para vela.

CONTANDO CONTOS E BUSCANDO INSECTOS en 4º INF

Galería de fotos

O grupo de nenos e nenas de 3 anos saíron hoxe ao patio a escoitar o conto seleccionado pola súa mestra titulado "Ponte en mi lugar" no que os protagonistas son uns pequenos animaliños que nos ensinan o valor da empatía, os mesmos que están a investigar neste terceiro trimestre: os insectos. Despois percorreron o patio na procura dalgún protagonista desta histora e atoparon: unha xoaniña! Preme na imaxe para ver o descubrimento.

 

POESÍA CREATIVA- 5º PRIMARIA

 

Galería de fotos

O alumnado de 5ºA gravou na radio novos episodios para o Programa de Poesía de RADIO V.I. 
Crearon coa web de diseño Canva poemas sobre os animais dos oceános que están a investigar, uns en galego e outros en castelán. Non deixedes de escoitalos na nosa canle. Preme aquí para acceder ao audio.

 
Preme na imaxe para ver o documento

TAREFA FINAL EN 5º INFANTIL

 

Galería de fotos

O alumnado de 5º de Educación Infantil remata o seu proxecto centrado no protagonista dun montón de "animais de conto", o lobo. Constuíron as casiñas dos "tres porquiños", unha das súas historias favoritas sobre o lobo e despois montaron e pintaron un lobo, que empregaron de photocall para facer fotos divertidas. Tamén xogaron aos títeres representando en pequenos grupos os contos favoritos onde o lobo era o protagosnista. Para terminar cada un elaborou un lapbook sobre as características dos lobos e un libriño con todos os contos que leron.

Preme na imaxe para ver o lapbook