TAREFA FINAL EN 5º INFANTIL

 

Galería de fotos

O alumnado de 5º de Educación Infantil remata o seu proxecto centrado no protagonista dun montón de "animais de conto", o lobo. Constuíron as casiñas dos "tres porquiños", unha das súas historias favoritas sobre o lobo e despois montaron e pintaron un lobo, que empregaron de photocall para facer fotos divertidas. Tamén xogaron aos títeres representando en pequenos grupos os contos favoritos onde o lobo era o protagosnista. Para terminar cada un elaborou un lapbook sobre as características dos lobos e un libriño con todos os contos que leron.

Preme na imaxe para ver o lapbook



Ningún comentario:

Publicar un comentario