Amosando publicacións coa etiqueta lapbooks. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lapbooks. Amosar todas as publicacións

TAREFA FINAL- LAPBOOKS EN 6ºA- INFANTIL

 


O alumnado de 6ºA de Ed. Infantil creou lapbooks sobre o ourizo e a tartaruga do conto "Hasta que podamos abrazarnos". Preme na imaxe para ver os lapbooks con máis detalles.

Agracer coma sempre a colaboración das familias que aportaron previamente á tarefa final estupendos traballos e información sobre estes animais que os propios nenos e nenas expoñeron na clase aos seus compañeiros/as.


Preme na imaxe para ver os traballos de investigación

TAREFA FINAL EN 5º INFANTIL

 

Galería de fotos

O alumnado de 5º de Educación Infantil remata o seu proxecto centrado no protagonista dun montón de "animais de conto", o lobo. Constuíron as casiñas dos "tres porquiños", unha das súas historias favoritas sobre o lobo e despois montaron e pintaron un lobo, que empregaron de photocall para facer fotos divertidas. Tamén xogaron aos títeres representando en pequenos grupos os contos favoritos onde o lobo era o protagosnista. Para terminar cada un elaborou un lapbook sobre as características dos lobos e un libriño con todos os contos que leron.

Preme na imaxe para ver o lapbook