Presentamos o vídeo do Entroido celebrado neste curso 2021-2022 no noso colexio. A temática dos disfraces están relacionados con este proxecto e temos que dar as grazas ás familias de Educación Infantil que disfrazaron aos seus peques de "animais de conto". Esperamos que disfrutedes do desfile que fixemos no patio, os bailes e as comparsas.
ANIMAIS DOS OCÉANOS EN 6ºB
LECTOESCRITURA NOMES DE ANIMAIS EN ED. INTANTIL
Os nenos e nenas de Ed. Infantil estiveron nos ordenadores coa profe Dori aprendendo nomes de animais. Como lles gusta aprender na sala de informática!
NOVOS FONDOS PARA O PDI
Seguimos ampliando o número de fondos bibliográficos para investigar e selecionar información para o noso PDI Animalardia. Desta vez, incluímos no noso catálogo estas dúas guías doadas polo grupo SEO Birdlife que como todos os anos viñeron ao cole a dar unhas charlas informativas ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e logo facer a saída de campo para o avistamento das aves.
ACUARIO DE LINGUA INGLESA
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria elaboraron este Acuario-Mural na área de Lingua Inglesa. Nel atoparedes unha chea de animais mariños e os seus nomes en inglés. Tamén decoraron as paredes dos corredores e das escaleiras. Preme na imaxe para ver a galería de fotos.
INVESTIGAR É UN XOGO
O alumnado de 3ºA estivo investigando sobre os animais invertebrados na biblioteca. Buscaron pola biblioteca códigos QR agochados nos sofás, nos expositores... e despois de atopalos foron escaneando cada pista ata atopar a información que precisaban. Logo terán que respostar a algunhas preguntas...
PRESENTACIÓN DO LOGO DE ANIMALARDIA
Tras moito debatir no Equipo de Biblioteca, decidimos escoller dous debuxos dos participantes no Certame para crear un único logo combinando ambas creacións: o debuxo do caracol elaborado por Maruxa de 2º de Educación Primaria e as letras deseñadas polo alumno Miguel de 6ºA de Educación Primaria.
Moitas grazas a todos e todas por participar. Aquí vos deixamos o resultado final do Logo: