A mestra de Audición e Linguaxe preparou este xogo para os seus alumnos co que aprenden as cores relacionadas cun animal grazas as imaxes e aos pictogramas.
CREACIÓN DE XOGO DE ADIVIÑAS PARA ESCORNABOT
O alumnado de 4º Primaria elaborou tarxetas con adiviñas na área de lingua castelán e despois fixeron debuxos para crear a plantilla para xogar co escornabot. O xogo xa está dispoñible para todo o centro no espazo creativo da nosa biblioteca.
Nos perdas a oportunidade de xogar e pídeo nos tempos de lecer.
NOVOS FONDOS BIBLIOGRÁFICOS EN LINGUA INGLESA
Mercamos unha colección de libros en lingua inglesa para as vosas investigación do Proxecto. En breve chegarán as vosas biblioteca de aula.
QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER? EN 4º INFANTIL
Os máis pequerrechos do cole están preocupados porque non atopan ao lobo por ningures así comezan a súa participación en ANIMALARDIA na procura del.
Preme na imaxe para ver todo o dossier do inicio da súa investigación
ANIMAIS MONSTRUOSOS POLO HALLOWEEN EN 6º PRIMARIA
Alumnado de 6º de Ed. Primaria realizou redaccións pola celebración do Halloween na área de Lingua Inglesa onde algúns inventaron animais monstruosos.
TRABALLOS EN LINGUA INGLESA - 5º PRIMARIA
Alumnado de 5º de Ed. Primaria investigaron na área de Lingua Inglesa sobre o Ciclo da vida das bolboretas. Aquí tedes o resultado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)