O alumnado de 4º analizou que cousas sabían dos animais domésticos e das mascotas, temática escollida por este grupo, e realizaron as preguntas que lles gustaría investigar.
MOITOS LOGOS PARA O PDI, CAL SERÁ O ESCOLLIDO?
DOMÉSTICO OU SALVAXE?
No grupo de 3 anos andan a clasificar as miniaturas de animais que teñen na aula. Que ben o pasan e canto aprenden!
ECOSISTEMA EN PLASTILINA!
O alumnado de 3º A- Primaria investigaron sobre os animais da costa e realizaron un ecosistema do mesmo en plastilina.
QUE SABEMOS, QUE QUEREMOS SABER EN 5ºB- PRIMARIA
QUE SABEMOS, QUE QUEREMOS SABER EN 6ºA -INFANTIL
Na aula de 6º A de Educación Infantil fixeron unha votación para escoller un conto con animais como protagonistas. O conto escollido da nosa biblioteca foi: Hasta que podamos abrazarnos. Así que aquí tedes o resultado das asambleas para averiguar que sabemos e que queremos saber do ourizo e a tartaruga. No segundo trimestre comezará a fase de investigación.
OBRADOIRO DE POESÍA CREATIVA EN 5º PRIMARIA
O alumnado de 5º B de Educación Primaria realizou un poemario entre todos sobre animais mariños na área de Lingua Galega. Aquí temos o resultado para disfrutar lendo os seus poemas.