A mestra de Audición e Linguaxe segue traballando a conciencia silábica e fonolóxica, articulando e ampliando vocabulario con imaxes de animais. Sen dúbida a mellor maneira de aprender é xogando.
Amosando mensaxes organizadas por data para a consulta al. Ordenar por relevancia Amosar todas as mensaxes
Amosando mensaxes organizadas por data para a consulta al. Ordenar por relevancia Amosar todas as mensaxes
XOGO DA OCA EN AL
Na aula da especialista de Audición e Linguaxe, tamén empregan o xogo da oca de sinfones ao mesmo tempo que se traballa o vocabulario e a articulación.
CONTO DOS TRES PORQUIÑOS EN AL
Na clase da especialista de Audición e Linguaxe empregan o conto manipulativo dos Tres Porquiños para traballar a memoria, a atención, a expresión oral e as praxias do soplo para mellorar a articulación cunha metodoloxía activa e amena para o alumnado.
CREACIÓN DE CÓMICS EN AL
A especialista de Audición e Linguaxe animou a un dos seus alumnos a elaborar un cómic onde os protagonistas son animais, traballando deste xeito a expresión oral, escrita e a creatividade inventando os diálogos.
CONTOS CON PICTOS EN AL
A mestra de AL empregou nestes días algúns dos materiais que mercamos coa partida de Biblioteca Inclusiva: destacar dentro do Proxecto Animalardia os contos de "La ratita presumida" e "A que sabe a Lúa" (ambos da editorial Kalandraka- BATA)
No conto de "La ratita presumida" se empregaron as fichas de pictos previamente para que adiviñar o título do conto que ían ler. Despois de lelo, ordenaron os pictos seguindo as escenas do contoAPRENDO AS CORES DOS ANIMAIS EN AL
A mestra de Audición e Linguaxe preparou este xogo para os seus alumnos co que aprenden as cores relacionadas cun animal grazas as imaxes e aos pictogramas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











