Nas clases de Educación Musical en Ed. Infantil estivemos a traballar, seguindo o proxecto do cole “Animalardia”, cunha das audicións do coñecido compositor Camille Saint-Saëns, “O carnaval dos animais”, concretamente coa obra “O canguro” a través da cal traballamos unha das cualidades do son: a duración.
Primeiramente realizamos unha audición inicial, axudados dun musicograma e logo imaxinámonos que nos convertiamos en canguros, dando saltiños cando escoitamos sons curtos e pasos longos cando escoitabamos sons longos.
Trala escoita, identificamos os sons curtos co son que producen as claves, e os sons longos co son que produce o triángulo.
Así completamos a seguinte ficha pintando o canguro dependendo se escoitabamos os saltiños (claves) ou os pasos longos e pesados dun canguro cansado (triángulo) de azul ou verde, respectivamente. Cos nenos e nenas de 3 anos fixémolo colocando unha pegatina azul ou verde.
A continuacion podedes ver algunha fotos do proceso e do resultado:
Pasámolo moi ben e aprendemos moito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario