LIBRO DIXITAL TAREFAS FINAIS

 O Equipo de Biblioteca recolle neste libro as tarefas finais do proxecto que se presentará ao VIII Concurso de Traballos por proxectos. Preme na portada para velo.



CONTACONTOS "LAS DIEZ GALLINAS"

 





E seguimos compartindo actividades que se fixeron nos últimos días de Xuño. Nesta ocasión a profe Dori volveulles a contar aos nenos de 4º de Infantil o conto "Las diez gallinas"e o Equipo de Biblioteca quedamos abraiados da capacidade de memoria que teñen estes pequenos e pequenas. Sabían o conto de pé a pa. Como o disfrutaron!

TAREFA FINAL 4º INFANTIL

 

Para rematar o curso, o alumnado de 4º de Ed. Infantil elaborou un xogo de mesa similar ao xogo da oca pero cos animais que investigaron ó longo do curso: o lobo, o pingüín, o oso e a abella. Logo de colorear todas as casillas levárono para as súas casas e así poder xogar coa familia no verán.

MÁIS GRUPOS BUSCANDO INSECTOS POLO PATIO

 



Os de 4 anos saíron tamén ao patio en busca de insectos como fixeran os de 3 despois da visita a Apípolis. Puxeron moito interese e seguiron as instruccións do plano para atopar todos os bichiños estupendamente.

ELABORACIÓN DE PORTADAS EN 6º INFANTIL

 Para rematar o curso o alumnado de 6º Infantil elaborou unha portadas moi chulas para o seu caderno de traballos cun debuxos de xoaniñas.



NO FONDO DO MAR EN 5º INFANTIL

 Na aula de 4 anos investigaron tamén sobre os animais que viven no fondo do mar a partir da lectura do conto "El pez arcoiris".





TAREFA FINAL 6ºB- PRIMARIA

 

Hoxe compartimos os traballos creados polo alumnado de 6º B de Ed. Primaria en relación aos animais dos oceános.  Preme na imaxe para ver o resultado final.